Continuando coa programación do Ciclo Recordando a… O Liceo dedicoulle este mércores unha nova edición o artísta Xosé Conde Corbal . Delfín Caseiro lembrou a etapa ourensá de Conde Corbal e no encontro nomeáronse iniciativas ou aspectos como os seus retratos dos persoeiros da Xeración Nós, a súa relación con Risco e amizade cos intelectuais daqueles anos —Otero, Cuevillas, Ferro, Xocas— ou proxectos como o «Ourense perdurable» (1961) e o «Ourense monumental» (1964). Xosé Manuel Rodríguez fixo un percorrido intimo e cercano pola súa vida, falando da xenerosidade e capacidade de acercar o arte a todo o mundo, sen distincións nin elitismos. Armando González lembrou a etapa na que o artista viviu na cidade a finais dos anos 70 e as anécdotas daquel tempo no que el era un dos asiduos visitantes do estudio do pintor. Recolleu a reivindicación xa coñecida para poñerlle espazo concreto: para el debería levar o nome de Conde Corbal o tramo onde estaba o seu lugar de traballo: a rúa entre Paseo e Bedoya —no parque de San Lázaro—. Ana María Conde, filla do artista, centrou a súa intervención en amosar os diferentes apartados da web —condecorbal.com— e a crítica Mercedes Rozas fixo unha análise do seu traballo. Lembrou que Conde Corbal ten a súa páxina na historia da arte de Galicia, que foi un pintor serodio, repasou a características que definen o seu traballo como artista, referiuse ao expresionismo da súa obra e á influenca de Valle Inclán na súa obra. De xeito máis que evidente nun dos seus proxectos senlleiros, como a colección do «Fardel da guerra». O acto abriuse e pechouse coa música o piano de José Luis Fernández Carnicero.

Moitas gracias a familia de Conde Corbal pola súa implicación neste acto ben merecido en recordo de un dos mellores e máis grandes persoeiros das artes e a cultural desta cidade.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *