Na tarde de hoxe, o Liceo celebrou unha nova edición do «Ciclo Recordando a..», que nesta ocasión estivo adicado a un ourensán, que desempeñou un papel relevante na actividad docente, intelectual e política deste país. Un profesor, humanista e impulsor de grandes proxectos en medios de comunicación; que foi unha das personalidades determinantes na transición. Luis González Seara.

Estiveron para para falar de Luis González Seara, os seus fillos Carlos e María del Carmen, e o seu cuñado Jacinto Seara, e o Presidente do Liceo Xabier Casares Mouriño. Tamén contou coa participación musical a cargo de José Luis Fernández Carnicero.

Luis González Seara, naceu na parroquia de San Pedro de A Mezquita, que perteñece ao concello de A Merca, o sete de xuño do ano 1936. Sin abandoar a sua actividade docente e intelectual, tivo unha presencia importante na política activa. Foi xefe da secretaría particular do Ministro de Información e Turismo no ano 1962, director do Instituto da Opinión Pública no 1969, subdirector xeral de Orientación Pedagóxica do Ministerio de Educación no 1969, e xerente da Fundación para el Desarrollo de la Función Social en 1971. Xá no tardofranquismo, mostrouse partidario de realizar reformas no réxime. Implicouse traballando activamente neste senso, presidindo a Editorial Impulsa, que editaba Cambio 16, e o periódico Diario 16, que contaban cunha amplia difusión en todo o Estado. No ano 1975 o Tribunal de Orden Público ábrelle un sumario por presunta infracción da Ley de Prensa. Pero o seu protagonismo político alcanzouno na Transición; primeiro como fundador en 1976, xunto con Francisco Fernández Ordoñez do Partido Socialdemócrata, integrado na Unión de Centro Democrático (UCD) que presidía Adolfo Suarez, con quen colaborou para a recuperación dun réxime de libertade e democracia, no que resultou elixido senador por Ourense (1977-79) e deputado por Pontevedra (1979-82). En abril do ano 1979, foi designado Ministro de Universidades e Investigación; cargo que ocupou ata a caída do goberno Suarez en febreiro de 1981. Como Ministro, caracterizouse por ser unha persoa dialogante, sempre na procura do consenso. Pasou ao grupo mixto cando Fernàndez Ordoñez abandonou a UCD; e deixou a política ao integrarse Acción Democrática e o propio Ordoñez no PSOE. Foi un persoaxe que concitou o respeto político de moitos que non coincidían coa sua postura ideolóxica. Luis Gonzalez Seara, falleceu en Madrid, o 23 de Abril do 2016.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *