Na tarde de hoxe, e dentro da programación do Ciclo Recordando a…., lembramos a D. José Fernández Rodríguez, o Doutor Pepe Fernández, personalidade ben merecida de este recoñecemento, non só pola súa traxectoria profesional, senón social i en especial por Liceísta. SOCIO DE HONRA do LICEO, foi presidente dende outubro de 1971 ata xaneiro de 1976. Na mesa estiveron  Armando González, Médico, discípulo de Pepe Fernández, e Directivo do Liceo;  Manuel de Toro, amigo persoal, médico, e colaborador estreito. Javier Fernández, tamén médico e fillo do noso homenaxeado. O acto estivo introducido como é habitual por Delfin Caseiro, e contou cunha intrepretación musical o piano a cargo de José Luis Fernández Carnicero.

Armando González, fixo un percorrido pola etapa como Presidente do Liceo de D. José Fernández, etapa durante a cual se fixeron importantes obras no edificio, como a construcción do segundo piso para darlle acollida as numeroras altas como socios como había en esta epoca, albergando salas de xogos, como do dominó, ampliando salas de estudio, etc. Ademáis conseguiu que nos «artistiñas» daquela epocá deixaran e donaran obras pictóricas de altísimo valor como as de Xaime Quedasa, Virxilio, Baltar, Huete ou Buciños.   Tamén nesta época se produce un feito histórico como foi a eliminación das «bolas negras» para admisión de socios, que posibilitaba o bloqueo na alta de socio, dunha persoa,  por parte de cualquer directivo, soamente introducindo unha «bola negra» nunha bolsa, de maneira secreta e sen ningún tipo de explicación.

Pola parte Manuel de Toro, como xa dixemos amigo persoal, médico, e colaborador estreito do Doutor Fernández, contounos as súas vivencias o carón de Pepe, como puxeron en marcha o Hospital de Beneficiencia de Ourense, como construíu un equipo de traballo xoven, con moita ilusión, facendo destes discípulos familia, familia de verdade, emocionada intervención de Manuel de Toro.

O ultimo en intervir foi  Javier Fernández, tamén médico e fillo do noso homenaxeado. Javier falou en nome de toda a familia, e falou do Pepe Fernández pai, marido, avó, cuñado, primo, etc… Javier falou emocionandamente de seu pai, un home bó, xeneroso, conversador, elegante no seu paso pola vida, divertido.

En fin foi unha tarde ben bonita, emotiva, moi emotiva, na que lembramos a un gran «señor», unha persoa extraordinaria, que acudía todos os días, todos sen faltar un, a Tertulia do Liceo, sempre.. sempre … sempre lembraremos a  Pepe Fernández.

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *