O Liceo de Ourense continuou hoxe coa programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, nesta ocasión para lembrar unha das personalidades máis importantes na  xinecólixia ourensá,o Dr. Manuel Peña Rey.  O acto que tivo lugar no Salón Noble da Entidade, hoxe 30 de maio;  contou coa participación unha mesa para falar do noso  homenaxeado de David Simón; Julio Prada;José Luis Doval; Manuel Peña-Rey. Presentou o acto Xabier Casares, presidente do Liceo. Ademáis aportou a parte musical coa súa interpretación o piano José Luis Fernández Carnicero.

Manuel Peña Rey, naceu en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade). Estudou o bachelerato en Pontevedra. Licenciouse en Mediciña na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Especializouse en en xinecoloxia. Estableceuse en Ourense en 1918, onde abriu en 1922 o primeiro sanatorio da provincia. Durante a segunda república foi director do Hospital Provincial, e Presidente do Colexio de Médicos. Casou en Viascón con Celia Bouzas Barreiro en 1912, e foi pai de María Esther, Marina, Celia, María de los Ángeles e Manuel. Militante galeguista, chegou a presidir o Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo foi destituido. Estivo encarcerado no Carballiño, e tardou máis de oito anos en ser rehabilitado. Morreu en Ourense o 30 de abril de 1957.

Julio Prada, fixo un percorrido pola súa vida política e cultural. David Simón, amosounos a súas dificultades como médico represaliado. José Luis Doval a súa vertente médica como xinecólogo. Por último o seu fillo Manuel Peña-Rey, rematou as intervencións lendo dúas cartas adicadas o seu pai, con motivo do seu falecemento, escritas por Otero Pedrayo e Cabaleiro Goás.

Magnífica xornada, a adicada o Dr. Manuel Peña Rey.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *