ENTREGA DO IX PREMIO CARLOS CASARES DE MICRORRELATO

O pasado venres, 28 de maio, entregouse o Premio de Microrrelato “Carlos Casares” convocado polo Liceo de Ourense, que chega xa a súa novena edición. Interviron no acto José Carlos Martínez-Pedrayo, Presidente do Liceo, Amadeo Rodríguez, en representación da Entidade Caixanova, Xabier Casares, en nome da Fundación Carlos Casares, e Delfín Caseiro, en nome do Xurado.

A continuación reproducimos o Acta do Xurado.
FALLO DO “IX PREMIO CARLOS CASARES-2010’’ DE MICRORRELATO, CONVOCADO POLO LICEO DE OURENSE

No Liceo de Ourense, sendo as dezasete horas do día vintecinco de maio de dous mil dez, reúnese o Xurado do “IX Premio CARLOS CASARES”, de Microrrelato, convocado por “El Liceo de Ourense”. Dito xurado está constituído por Don José Carlos Martínez-Pedrayo García, como Presidente; Don Marcos Valcárcel López, Dona. Teresa Devesa Graña, Dona Loly Conde Fernández, D. Delfín Caseiro Nogueiras, e Don Segismundo Bobillo Morgade como Vogais. Actúa como Secretario Don José Luis Troitiña Mota.

Logo dun amplo debate sobre os 550 traballos presentados, os compoñentes do Xurado acordan por unanimidade conceder o “IX Premio CARLOS CASARES” de Microrrelato, correspondente ó presente ano 2010:

Ó presentado co lema “NON CHOVÍA EN PARÍS’’.
Aberta a plica correspondente resulta ser a súa autor Don XERARDO MÉNDEZ, con enderezo na Avenida Otero Pedrayo, da Cidade de Ourense. O título definitivo da obra é: “NON HAI REGRESO”

Consonte ó anteriormente reseñado outórgase o ‘‘IX PREMIO CARLOS CASARES” de Microrrelato, convocado por “El Liceo de Ourense” correspondente ó ano 2010, e dotado coa cantidade de MIL CINCOCENTOS EUROS (1.500 euros.), a Don Xerardo Méndez Álvarez.

De conformidade coas Bases establecidas o premio será entregado ó gañador o vindeiro día 28 de maio de 2.010, venres, na sede social do Liceo de Ourense, no transcurso dun acto no que se lembrará a figura do falecido escritor que da nome ó premio, D. Carlos Casares Mouriño, Socio de Honra desta institución cultural.

O Xurado quere transmitir publicamente a súa felicitación e agradecemento á entidade CAIXANOVA, pola súa achega económica para a dotación dos premios deste importante concurso literario.

E non sendo outro o motivo da xuntanza do xurado cualificador do premio, os seus membros asinan a presente acta en proba de conformidade co que antecede, e para que así conste.

2 comentarios

    • liceo en 24 abril, 2015 a las 17:15
      Autor

    Neste apartado da páxina do Liceo aparace a acta do fallo. Gracias. Saúdos.

    http://www.liceodeourense.com/2.0/premio-microrrelato-carlos-casares/

    • Loreta en 9 marzo, 2015 a las 13:17

    Desexo saber se o último premio Carlos Casares de microrrelato, convocado a finais de 2014, aínda non foi fallado.
    Saúdos cordiais

Deja un comentario

Tu email nunca se publicará.