Premio “Carlos Casares”.

Nova Convocatoria do Premio Microrrelato

“Carlos Casares”.

  XII Edición 2014.

FALLO DO “XII PREMIO CARLOS CASARES-2014’’ DE MICRORELATO, CONVOCADO POLO LICEO DE OURENSE

No Liceo de Ourense, sendo as dezaoito horas do día dezaseis de Abril de dous mil quince, reúnese o xurado do “XII Premio CARLOS CASARES” de Microrelato, convocado por “El Liceo de Ourense”. O obxecto desta reunión é outorgar o premio da presente edición de entre os traballos presentados. O xurado está constituído por Don Javier Casares Mouriño, como Presidente; dona Rosa Estevez Redonet, don Delfín Caseiro Nogueira e don Segismundo Bobillo Morgade, como vogais. Escusa a asistencia dona Loly Conde Fernández, que renuncia a formar parte do xurado. Actúa como Secretario don Juan Ignacio Fonseca Moretón.

Logo dun amplo e pormenorizado estudio de tódolos microrelatos presentados os compoñentes do xurado acordan seleccionar dous traballos, un que leva por título “Soledad” e outro denominado “Gangrena”. Despois da deliberación correspondente sobre os dous microrelatos finalistas, o xurado acorda por unanimidade conceder o “XII Premio CARLOS CASARES” de Microrelato, convocado por “El Liceo de Ourense”, correspondente ó presente ano 2015, ó traballo presentado co título “GANGRENA’’.

Aberta a plica correspondente resulta ser a súa autora dona Pilar Ortega Pereiro.

O presente Premio que agora se falla ten unha dotación económica, de acordo coas súas bases reguladoras, de MIL EUROS (1.000€).

O Xurado tamén acorda neste acto facer unha mención especial ó traballo presentado co Lema “SOLEDAD” e da autoría de “Scriptor”, que resulta ser unha vez aberta a correspondente plica de D. Paulino Guiemes Domingo. O xurado valora especialmente a calidade deste microrelato.

Consonte coas bases establecidas o Premio será entregado á gañadora na data que se sinale, no Salón Noble do Liceo de Ourense e no transcurso dun acto no que se lembrará a figura do falecido escritor que da nome ó premio, D. Carlos Casares Mouriño, Socio de Honra desta institución cultural.

E non sendo outro o motivo da xuntanza do xurado cualificador do premio, os seus membros asinan a presente acta en proba de conformidade co que antecede, e para que así conste.

Javier Casares Mouriño 

PRESIDENTE,

Juan Ignacio Fonseca Moretón

SECRETARIO,

Rosa Estevez Redonet

Delfín Caseiro Nogueira

Segismundo Bobillo Morgade

VOGALES,

BASES PREMIO LICEO 

BASES PREMIO LICEO CASTELLANO