A ASAMBLEA DE SOCIOS DO LICEO REELIXE A XABIER CASARES MOURIÑO COMO PRESIDENTE DA ENTIDE LICEÍSTA.
El Liceo de Ourense celebrou na tarde do xoves 26 de febreiro a súa Asemblea Xeral Ordinaria, onde os Socios reelexiron como Presidente da Entidade a Xabier Casares Mouriño, ratificando a súa xestión e a da súa xunta directiva unámimente.
Nunha asamblea na que ademáis se aprobaron as contas xerais da Sociedade, e se deron conta das actividades máis importantes que tiveron lugar no ano pasado 2025.
O 2.025 foi un ano especial para a nosa socidade; cumplíronse 175 anos de vida do Liceo, 175 anos de presencia activa na vida cultural e social de Ourense, 175 anos promocionando a realización de tertulias, xogos e deportes, levando a cabo actividades festivas e sociais, fomentando o ocio a convivencia e a formación entre os socios.
O 2.025 foi, ademáis de cumplirse o seu 175 aniversario, o ano no que a sociedade liceísta recibiu por parte do Concello de Ourense a Medalla de Ouro da Cidade, en recoñecemento á labor de fomento da cultura, as artes e a educación, e á sua contribución á creación dun espírito cidadán aberto á tolerancia e ao pluralismo. Esta medalla supón o recoñecemento a 175 anos de traballo das distintas Xuntas Directivas e dos socios que puxeron ao Liceo, desde o seu inicio, na primeira fila dos acontecementos culturais e sociais que se desenolaron na nosa cidade.
O Liceo, sempre foi unha sociedade implicada na colaboración con outras entidades que carecen de espacios propios para o desenrolo das suas actividades. Son numerosas as sociedades non gubernamentais que solicitan a súa axuda. Esta axuda é moi valorada por organismos como a Deputación, que nos seus presupostos, consta unha importante axuda económica para a Entidade liceísta.
O Liceo manten unha estreita colaboración coa Sociedade Filatélica Miño, coa Sociedade “Os Cogordos”, e Tamén co Foro Liceo no que están integrados Colexios Profesionais e colectivos empresariais, levando a cabo traballos orientados a mellorar a situación, en moitos aspectos precaria, da nosa provincia e que se fan chegar aos partidos políticos e institucións por si lle poden ser de utilidade no seu traballo, sempre en beneficio de Ourense e dos ourensans.
A Asemblea do Liceo manifestou e seu orgullo por ser considerados como unha das sociedades culturais máis activas de Galicia. O pasado ano 2.025, celebráronse un total de 435 actividades, entre as que destacaríamos as literarias, concertos musicais, exposocións e conferencias. Co ciclo “Lemrando a…” réndese un caiñoso homenaxe a persoas que deixaron un “selo” no mundo da cultura, da empresa e da ciencia, en Ourense. E co ciclo “Falando con…” traemos a personaxes que nos poden dar a súa interesante opinión en témas de actualidade.

