CONCERTO RECITAL JUAN CARBALLO
6 marzo|20:00 - 21:00

O artista “portugalego” Juan Carballo iniciou no 2026 unha nova xira para celebrar o seu XX aniversario artístico, acompañada da publicación cun novo libro e un espectáculo que combina escena e palabra. Pretende así continuar amosando o seu traballo na Galiza e Portugal, percorrendo as principais cidades, vilas e espazos culturais de referencia.
CARVALHOSKI é unha proposta escénica próxima ao monólogo, a medio camiño entre a performance e o recitado dramatizado, que conduce ao público por unha viaxe a través dos últimos vinte anos de creación, cheos de versos e anécdotas.
Juan Carballo transita entre o ámbito literario e o musical. Ao longo da súa traxectoria publicou poemarios e discos, ademais de realizar concertos e recitais. Cunha voz propia e recoñecible, suma nove publicacións e doce xiras desenvolvidas durante as dúas últimas décadas na Galiza e Portugal. www.juancarballo.es



