Extraordinario Concerto de Iago Banet, presentando ‘The Galician King of Acoustic Guitar’, un luxo de músico no escenario do noso Salón Noble. Iago é un músico galego actualmente residente no Reino Unido. Aos dezasete anos empezou a tocar os seus primeiros acordes nunha guitarra española que atopou no seu domicilio familiar. Desde entón, tocou e gravado con múltiples bandas e feito xiras por España e Reino Unido demostrando un enorme talento en diferentes estilos como fingerstyle, gypsy jazz, blues, rock, country, dixieland swing, tex-mex, pop e folk. En 2014, Banet trasládase a Londres en busca de novos horizontes, retos e proxectos nos que desenvolver a súa carreira. Alí, únese a diferentes bandas entre as que destacan The Boo-Hoos e JFK Blue antes de formar ColorColour (previamente coñecidos como Deep Blue Sexa), cos que grava dous álbums. Desde 2018, Banet desenvolveu paralelamente a súa carreira como solista de fingerstyle inspirado polo traballo de nomes como Merle Travis, Chet Atkins ou Tommy Emmanuel. Un ano máis tarde grava o seu primeiro disco en solitario, “A Sunset Wine”. En 2020 publica o seu segundo álbum, titulado simplemente “Iago Banet. Un músico, unha guitarra”. O disco consta de sete composicións orixinais e dous arranxos especiais: o tema tradicional de folk galego ‘Muiñeira de Chantada’, e o clásico de Van Morrison, ‘Moondance’.