O cantautor madrileño con raíces no Bolo  regresou o escenario do Liceo de Ourense, nesta ocasión acompañado de Antonio Pinto,  coa xira de presentación do seu disco «Un tempo mellor», que percorreu España e o Líbano, país no que viviu momentos moi especiais e que gardará para sempre na súa memoria, onde tamén viviu a «choiva» de mísiles de Israel mentres cantaba sobre un escenario.

Carlos Domínguez, cantautor e físico de Madrid con raíces no Bolo, terra coa que mantén un forte vínculo e que visita cada verán, prepara un novo traballo con Hayfa Nour Yeghiayan, a soprano coa que interpretou «Beirut», un traballo que lle levou a realizar unha xira por tres cidades do Líbano (Beirut, Trípoli e Baalbek) o pasado mes de abril, convidado polo Instituto Cervantes, que foi todo un éxito, a pesar de que un deses concertos desenvolveuse baixo o son de mísiles. Comprometido con Líbano e, en definitiva, con todo o que ten que ver coa paz, a xustiza, a esperanza e o amor, Carlos Domínguez atopa na música a súa forma de expresión, pero tamén na escritura pois escribe relatos que plasma no seu blog «Cancións veladas». «Un tempo mellor» é o terceiro disco de Carlos Domínguez, que se iniciou na música hai máis de 20 anos con algunhas parénteses marcadas polo devir da vida. A música é unha parte indisoluble da súa existencia, que compatibiliza co seu traballo como físico e director do Laboratorio de Tecnoloxía de Polímeros da Universidade Rey Juan Carlos.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *