Extraordinario Concerto de JAIME ESTÉVEZ & LIISA SMOLANDER (SAXOFÓN-PIANO), na tarde de hoxe no Salón Noble da nosa Entidade, un luxo que emocionou a todos os que decidiron vir escoitar o programa que estes dous novos intérpretes tíñannos preparado. É un auténtico pracer ter a MESTRES desta calidade e virtuosismo no escenario do noso Liceo. Moitas grazas.
Liisa e Jaime coñecéronse en 2024 durante os seus estudos demáster na Academia Sibelius da Universidade das Artes de Helsinki.A súa paixón compartida pola música de cámara e as ganas de seaventurar en novos proxectos deron lugar non só a unhacolaboración artística habitual, senón tamén a unha amizade. Hoxeofrecen un programa integramente composto por transcriciónspara esta formación, é dicir, obras que non foron concebidasorixinalmente para saxofón e piano. Como grupo de música decámara, teñen recibido clases maxistrais de recoñecidos músicoscomo Joonatan Rautiola, Lars Mlekusch, Xavier Larsson ou AndreasMader. Actualmente, estudan música de cámara baixo a tutela dopianista e compositor Tuomas Turriago na Academia Sibelius.
![]()
