Entrega do XI Premio «CARLOS CASARES» de Microrrelato.

 

Na tardiña de hoxe entregamos no Liceo o XI Premio «Carlos Casares» de Microrrelato, na edición do presente ano 2012. Un premio que recaeu en Yose Álvarez-Mesa, co traballo titulado: “LA CENA DE DESPEDIDA”. O Xurado quixo sinalar a alta calidade dos relatos presentados, resaltando a dificultade da escolla. Dende o Liceo queremos transmitir publicamente a nosa felicitación e agradecemento á empresa GRUPO CUEVAS, pola súa achega económica para a dotación do premio deste importante concurso literario. O acto completouse con unha actuación da Coral do Liceo que interpretou obras literarias, na maioría poesía, musicalizadas.

 

Acta do Fallo no apartado do premio desta misma páxina.  http://www.liceodeourense.com/2.0/premio-microrrelato-carlos-casares/

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Un comentario en «Entrega do XI Premio «CARLOS CASARES» de Microrrelato.»
  1. Moitos estamos expectantes por coñecer o texto gañador do microrrelato. ¿Non vai ser publicado en ningures? A autora díxonos que o Liceo o publicaría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *