Emotivo acto o que celebramos esta tarde no Liceo de Ourense dentro da programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, nesta ocasión para lembrar unha persoa moi vinculada o Liceo e a súa Sección de Literatura, Isabel García Martín.

O acto como é habitual foi presentado e moderado por Delfín Caseiro, quén ademáis neste caso compartiu profesión ou labores na propia Sección de Literatura do Liceo.

Acompañáronos na tribuna do Liceo, onde Isabel foi protagonista tantas veces, Josefina González García, amiga persoal, compañeira no Grupo de Lectura do Liceo, quén nos recordou a esa amiga que lles daba listas de libros que debían leer, que as asesoraba e as ilustraba literariamente cada día. Tamén Manuel Ramos Méndez, incidiu nesta faceta , ademáis de na que lle tocaba como Editor, donde Isabel chegou a publicar algúns libros de un valor indiscutible.  Para rematar as intervencións foi o turno de Samuel Lago Fernández, o seu esposo, Samuel dende a emoción e a dificultade de falar da súa muller, fixo un pecorrido vital dende que se coñeceran na Salamanca que vira nacer a nosa protagonista, ata os ultimos días, pasando polos institutos onde traballaron, no Barco de Valdeorras, en Carballliño, no instituto das Lagoas, ou xa máis persoal como a chegada do seu fillo.

O acto abriuse e pechouse cunha intrepretación musical o piano a cargo de José Luis Fernández Carnicero.

O agradecemento e a lembranza permanente de todos los Liceístas para Isabel García Martín.

 

 

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *