O Liceo de Ourense acolleu esta tarde un acto de homenaxe  e lembranza de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002).  Para recordar ao escritor acompañaronnos Xosé Carlos Caneiro, Mariana Carballal e Håkan Casares Berg na mesa redonda 20 anos sen Carlos Casares. Exercendo como moderador o secretario da Fundación que leva o nome do autor, Gustavo Garrido.

Gustavo Garrido manifestou que o de Ourense era o primeiro dos actos do ciclo e que o mesmo non ten como obxectivo facer un recordo de Casares «senón incidir e ver como evolucionou a cultura e o país nestes vinte anos».

 Así pois iniciou a tertulia a actriz e profesora da ESAD Mariana Carballal recoñeceu que nun principio cavilou que o encontro non era o sitio onde debería estar, senón na concentración do 8M, pero que o nome do escritor actuara coma un imán para ela. Leu unha carta dirixida ao escritor para agradecerlle a súa aposta polo teatro, darlle conta da existencia dunha vizosa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia —e de paso lembrar o seu apoio para a instalación en Vigo—, falarlle das montaxes que se levan feito nos últimos tempos de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e A galiña azul, de como se forman as xeracións que trunfan no cine e no teatro e de como medran os festivais. Despediuse del lendo un dos seus textos: Unha señora vestida de marrón, dedicado a Irene Papas.

Xosé Carlos Caneiro lembrou ao home «de concordia, acordo, tolerancia, compañía, vontade de achegar e non separar», á persoa que non quixo repoñerse e buscou o consenso e amizade «cando tantas labazadas lle deron por unha columna de opinión hai anos» e ao amigo co que compartía actos, presentacións e encontros no propio Liceo. Recordou a anécdota de cando un día estaban na sociedade e xa ían fóra de tempo para escribir a columna diaria de A Marxe, sen que o escritor se amosase preocupado.

Håkan Casares tirou de retrantaca para asegurar que, vinte anos despois, preferiría non ter a un pai de presidente da RAG senón a un que xogase cos seus fillos e compartise o tempo cos amigos.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *