Arrancamos a segunda edición do Foro Carlos Velo no Liceo de Ourense, na primeira sesión proxectouse «La tierra del chicle» (1953), documental de Carlos Velo sobre os chicleiros que traballaban na selva mexicana na procura do chicle.

Na segunda xornada desta edición a cita xirou arredor do documental «Almadrabas». A proxección foi presentada polo vicepresidente do Cineclub Padre Feijoo, Manel Rodríguez, quen tamén coordinou o coloquio posterior. Manel Rodríguez, esquerda, e Armando González, da Fundación Carlos Velo e directivo do Liceo de Ourense, na imaxe.

 

Margarita Ledo participou na terceira sesión presentando os materiais de «Galicia» que localizou nun arquivo de Rusia. O presidente do Liceo, Xavier Casares, presentou a actividade e Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Información e membro da Fundación Carlos Velo, foi o encargado de presentar á catedrática emérita da USC.

 

 

 

Clausuramos este segundo Foro Carlos Velo coa presenza da presidenta de honra da Fundación Carlos Velo para rematar os encontros no Liceo de Ourense. Laura Gárdos Velo presentou o seu traballo documental «Entre dos banderas». A directora foi presentada por Armando González, membro da Fundación e directivo do Liceo.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *