Continuamos hoxe coa programación do proxecto cultural «OURENSE UNIVERSO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO», o amparo do da segunda convocatoria para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüísticos do denominado Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

Nesta ocasión fo co cantautor Emilio Rúa co título «A canción de autor de Ourense». Un extraordinario concerto, no que Rúa  repasou os seus 21 anos na carreira discográfica dende o ano 2000 con 11 discos dan para máis de 150 creacións, cancións propias. A música e a creación de Ourense conta cun dos maiores persoeiros da canción de autor. É moi importante para o eido cultural e artístico da provincia a creación de novas cancións e composicións.
Un espectáculo íntimo  co apio nunha posta en escena diferente con recitado,  narración dalgunha das cancións
A canción de autor viva na guitarra e na voz de Emilio Rúa que así mesmo se espalla por todo o mundo dentro e fóra da provincia compartindo escenario con grandes artistas como Víctor Manuel ou Pablo Milanés e chegando en varias ocasións á Río de Janeiro, Santos, Bos Aires, San Fe, Rosario, Santiago de Chile, Valparaíso, Londres, Leeds, etc. De Ourense ao mundo.

Moitas gracias Emilio polo teu traballo e pola túa sensibilidade.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *