MULLERES MIRANDO ÁS MULLERES

Hoxe tivemos no Liceo a oportunidade de disfrutar dun extraordinario concerto que nos achegou a Ourense a estupenda pianista internacional Isabel Pérez Dobarro, ás extraordinarias violinistas Sara e Raquel Areal Martínez , e a Julia Dopico,  profesora, compositora e coordinadora deste programa. Coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaria Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais.

O fío conductor foi homenaxear a muller a través das artes, escollendo obras de compositoras galegas, tanto xa finadas como contemporáneas, entre elas Eugenia Osterberger, ou as propias de Julia Dopico: Meninha Balteira, dedicada á famosa soldada medieval, Miña Estrela, inspirada nos versos. de Rosalía de Castro ou Cores no ar, unha peza de violín con efectos de cores, deseñada no cadro de Maruxa Mallo.

Gracias Isabel , gracias Sara e Raquel Areal Martínez , e gracias Julia por esta tarde tan extraordinaria e fermosa, un luxo para todos os liceístas.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *