Emilio cantou e Cándido contou.. así foi…
Arrincou un novo proxecto cultural «AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS», o amparo do «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia», a quenes agradecemos moi sinceramente a súa achega, na figura do seu Secretario Valentín García Gómez .
Con este proxecto o que pretendermos é reinvidicar e por en valor a nosa lingua, a nosa literatura, o noso patrimonio cultural, con tres concertos, ben distintos, pero co mesmo obxetivo fundamental.
O primeiro deles foi este acto músico-literario, coa participación do cantautor Emilio Rua e o actor e director de teatro Cándido Pazo, co título «Cantigas e Romances, Contos de tradición oral». No que queremos por en valor a literatura que pasou de xeración en xeración dos nosos antergos.
Gracias a todos por vir, lamentamos a xente que non poido entrar polas limitacións nos aforos derivados do Covid-19. Nuns días emitiremos completo o recital pola canle de Yotube do Liceo.
VIDEO COMPLETO