Precioso Concerto da artista María do Ceo, acompañada dos seus músicos, José Salgado e Alex Salgado, con título «Homenaxe o noso patrimonio material e inmaterial», no que fixo un percorrido polos poemas e letras dos nosos escritores, como Carlos Casares, Celso Emilio Ferreiro, Castelao, ou espacios como a Ribeira Sacra, etc.
Este actividade está enmarcada no proxecto cultural «AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS», o amparo do «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».
Con este proxecto o que pretendermos é reinvidicar e por en valor a nosa lingua, a nosa literatura, o noso patrimonio cultural, con tres concertos, ben distintos, pero co mesmo obxetivo fundamental.
Esta actividade levouse a cabo no Salón Noble do Liceo de Ourense, coas limitacións de aforos e seguridade que se establecen derivados do Covid-19.
Por iso, ademáis, os gravamos e editalos para ser subidos a canle de Youtube do propio Liceo de Ourense.
Pincha para ver o VIDEO COMPLETO