Presentación «AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS»

Vimos de presentar un novo proxecto cultural «AS NOSAS LETRAS NA MÚSICA & A MÚSICA NAS NOSAS LETRAS», o amparo do «Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da COVID-19″, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

A presentación fixoa Xabier Casares Mouriño, Presidente do Liceo, e Sandra Quintas en representación da Consellería de Cultura, tamén estivo presente Emilio Rúa e Maria do Ceo que forman parte desta programación.

Con este proxecto o que pretendermos é reinvidicar e por en valor a nosa lingua, a nosa literatura, o noso patrimonio cultural, con tres concertos, ben distintos, pero co mesmo obxetivo fundamental.

 O primeiro deles sería un acto músico-literario, coa participación do cantautor Emilio Rua e o actor e director de teatro Cándido Pazo, co título «Cantigas e Romances, Contos de tradición oral». No que queremos por en valor a literatura que pasou de xeración en xeración dos nosos antergos.

 O segundo acto sería un Concerto da artista María do Ceo, acompañada dos seus músicos, con título «Homenaxe o noso patrimonio material e inmaterial», no que pretendemos reivindicar os nosos escritores, como Carlos Casares, Celso Emilio Ferreiro, Castelao, ou espacios como a Ribeira Sacra, etc.

 O Terceiro acto sería co Concerto literario da Pianísta Rosa Torres Pardo e a actriz Lucía Álvarez, co título «ROSALÍA. CONCERTO PARA PIANO E VOZ. EMOCIONADA”. Un «Monólogo a dous» no que pecorren a traxectoria vital desta brillante muller e con ela moitos dos problemas sociales, políticos i económicos a os que Rosalía se enfrentou. Neste homenaxe interveñe con seus versos galaicos un dos máis ferventes admiradores Federico García Lorca.

 Toda esta actividade levaríase a cabo no Salón Noble do Liceo de Ourense, coas limitacións de aforos e seguridade que se establezan en cada momento derivados do Covid-19.

 Por iso, ademáis, pretendemos e gravalos e editalos para ser subidos a canle de Youtube do propio Liceo de Ourense, ademáis das canles da propia Consellería de Cultura e Turismo, e así poder chegar a un maíor número de espectadores deste programa Cultural.

Deja una respuesta

Tu email nunca se publicará.