DANIEL VAZQUEZ-GULIAS foi o protagonista da xornada de onte dentro do CICLO RECORDANDO A…. que organiza o LICEO, co patrocinio do GRUPO PÉREZ RUMBAO. Para recordar insigne ourensán contamos coa axuda do Centro Cultural  Vázquez Gulias, que neste ano 2019 levarán a cabo un programación durante todo o ano, tamén no Salón Noble da entidade.

Gracias a Lucila Vázquez Gulias polo seu traballo, os compoñentes do Centro Cultural Vázquez Gulias, e tamén o numerosísimo público que encheu o Salón Noble de Liceo.

Formaron a mesa que nos recordou a Gulias:  Rubén Méndez, que nos falu da personalidade do arquitecto e da súa participación e implicación no Centro Cultural; a continuación Luis Pérez de Juan fixo un percorrido moi interesante pola obra relixiosa de Vázquez Gulias, espallada por toda a Provincia;  Fernando Valcárcel, centrouse no edificio do Hotel Roma, emblema e punto neuralxico do Ourense do século XIX e principios do XX; e por ultimo Juan Hervella quén nos falou de algo tan sorprendente como a faceta de Vázquez Gulías como empresario do viño, especialmente dun «champán» que chegou a acardar grandísima sono e recoñecemento non só en España senón en Paris. Todo elo moderado por Delfín Caseiro, que se encarga maxistralmente de coordinar nos tempos e intervencións de todas estas mesas redondas do Ciclo Recordando a…….

Rematou o acto coa proxección de un video integrado por fotografías de obras de Vazquez Gulías realizadas polo fotógrafo Mani Moretón e a música do guitarrista Daniel Minimalia.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *