MÚLTIPLE é un espectáculo cómico de Antón Coucheiro, un solo de impro onde o protagonista se desdobran e dialoga cos seus alter egos. Somos só unha persoa, ou a nosa personalidade está habitada por múltiples personaxes?
A través dunha terapia de soños, e das propostas do público, iranse desfiando as historias improvisadas onde os espectadores descubrirán que nun só corpo caben millóns de universos.
Así nos fixo pensar, disfrutar e reir Antón Coucheiro coa increíble compaña de Montse Merino, onte no Liceo.
Un espectáculo cómico, participativo, improvisado e con música en directo, que foi creado en Bogotá en xuño do 2015 no marco do festival TIMBO, e participou noutros festivais como o FIOT de Carballo 2015, Chaskij Perú 2015, Enimpro Costa Rica 2016, etc.