RECITAL «A POESÍA GALEGA NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES» .- LUCIA ALVAREZ

O día 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, converteuse nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres, a conquista real da igualdade, do respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas, debe ser un obxectivo prioritario para todos.

A actriz LUCIA ÁLVAREZ, co patrocionio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo .- Xunta de Galicia, ofreceu un RECITAL POÉTICO MUSICAL, no Patio de Columnas  do Liceo no que collendo da man a escritores e poetas imprescindibles para a nosa lingua, se levou a cabo un intenso percorrido literario pola poesía dos poetas e das poetísas galegas como de Curros, Celso Emilio, Pura Vázquez, Antón Tovar, José Ángel Valente, Victor Campio, o xa máis contemporaneas como Monste Villar, Chus Pato, Celia Parra, Alba Cid, Yolanda López, Yolanda Castaño. Todo isto acompañado de música en directo a guitarra por José Luis Troitiña Mota.

Deste xeito quixemos reivincar e sumarnos nesta data aos actos de condena da violencia contra as mulleres que dende todas as administracións e dende diferentes organizacións se desenvolven en torno ao 25 de novembro, porque a violencia de xénero é un problema de todas e de todos e polo tanto entre todas e todos debemos tentar racharlo, e que mellor que a poesía e música para conquerilo.

 

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *