Manuel Baltar destaca ao Liceo como “capital na construción da identidade ourensá e galega”

O presidente da Deputación de Ourense visitou hoxe O Liceo , acompañado polo seu presidente, Xavier Casares; o xerente, José Luis Troitiña, e o vogal de Relacións Institucionais, Manuel Martínez Rapela

Estamos na sede dunha sociedade senlleira que cumpre en 2018 os seus 168 anos ao servizo da cultura da provincia de Ourense e a disposición sempre dos ourensáns”, afirmou o presidente do goberno provincial destacando que o Liceo “é unha entidade capital na construción da identidade de Ourense e de Galicia, polo cal a Deputación colabora, e o seguirá facendo, con este emblema da nosa cultura”.

Manuel Baltar referiuse á colaboración que vén mantendo a Deputación de Ourense co Liceo para cooperar no seu funcionamento e para levar a cabo melloras en servizos e infraestruturas do edificio que alberga desde 1870 a súa sede –o Pazo de Oca-Sarmiento, inmoble declarado Ben de Interese Cultural e cuxa construción data do ano 1570-. “O Liceo segue, como fixo desde os seus inicios, impulsando a evolución social e cultural da provincia de Ourense, e para a Deputación e unha obriga colaborar con esta entidade como o vimos facendo e como acontecerá tamén en 2018, ano no que a institución provincial contempla unha partida nos seus orzamentos destinada a realizar traballos de mellora neste edificio, unha xoia a disposición de todos os ourensáns”.

O presidente da Deputación remarcou seu agradecemento polo convite por parte da directiva do Liceo para visitar oficialmente as súas instalacións, e tamén por formar parte como socio desta entidade, visita na que asinou no Libro de Honra e destacou “o importante dinamismo que amosa nos últimos anos o Liceo, con máis de 380 actos culturais, mantendo vixente a reivindicación de Ourense como berce e pouso da cultura de Galicia”.

Xavier Casares agradeceu a visita ao presidente da Deputación e a cooperación por parte da institución provincial, “unha colaboración que nos permite seguir mellorando as nosas instalacións, co obxectivo de continuar ofrecendo á sociedade ourensá actividades como conferencias, concertos e exposición, que fomenten a nosa identidade cultural”, e citou como exemplo as tertulias literarias que nos próximos días terán lugar no Liceo.

A colaboración económica da Deputación de Ourense fixo posible nestes últimos anos que se levase a cabo a rehabilitación do claustro da segunda planta do edificio -utilizado para exposicións-, así como a Sala de Tertulia –destinada a actividades culturais e sociais- e tamén a realización de melloras na carpintería exterior do inmoble.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *