CONCERTO CANTAREIRAS ZOADEIRA DA ASOCIACIÓN CULTURAL MÚSICA E CULTURA DE GALICIA , no LICEO DE OURENSE.

Onte celebramos aa segunda xornada das Festas do Socio, esta segunda xornada que, ainda que todos os días son importantes, é o día no que nos reunimos todos os liceístas para pasar un ratiño de convivencia e amizade, e para hoxe, para este día especial, no que sempre tivemos a música coma compañeira de viaxe, acompañaronnos u grupo de Cantareiras
Como xa decíamos acompañounos o Grupo de cantareiras Zoadeira:
Durante o ano 2012, a escola de música da ASOCIACIÓN CULTURAL MÚSICA E CULTURA DE GALICIA iniciou a especialidade de CANTAREIRAS, que dende entón se desenvolve nun especial clima de harmonía e camaradería por parte dos seus integrantes.
O grupo está formado na actualidade por 30 compoñentes, que interpretan cancións tradicionais e populares, maioritariamente do acervo cultural galego.
Ademais do canto, neste colectivo teñen presenza varios instrumentos musicais como a acordeón, o saxo, a gaita, a guitarra, o baixo eléctrico, o teclado e unha ampla variedade de percusión, contando entre eles cos máis notables e característicos dentro da percusión tradicional galega.
O grupo ZOADEIRA ten realizado dende a súa constitución diversas actuacións en diferentes localidades de xeografía ourensá, destacando entre todas elas as levadas a cabo tanto no Auditorio como no Teatro Principal de Ourense.
Dende este foro queremos expresar o noso agradecemento e deixar constancia de que, o Grupo Zoadeira ten alma, ten a alma e o corazón de alguén moi especial, alguén que ama a música e o noso patrimonio cultural como algo propio, como se lle saise de adentro, do seu adentro, algúen que soamente hai que porporlle algo para que o faga seu entregandose con todo e con toda a xenerosidade, este grupo no sería o que é, non tería ALMA, se non fose por Iria Calviño.
Así que gracias Iria, gracias amigas e amigos de Zoadeira.
Tamén o noso agradecemento a Diputación Provincial de Ourense que co_patrocinou este Concerto a través a Area de Cultura.