Organizado polo «Pórtico do Paraíso», onte na Salón Noble de Liceo tivemos a sorte de contar coa presencia de Cecila Rodrigo, Filla única de Joaquín Rodrigo.  Falunos da obra de seu pai para conmemorar o 75 aniversario do «Concerto de Aranjuez», dase a casualidade que hai 50 anos o seu pai, D. Joaquín Rodrigo deu una Conferencia – Concerto tamén no Salón Noble do Liceo.

CECILIA-RODRIGO

Ceclia Rodrigo, en 1989 creou a editorial Ediciones Joaquín Rodrigo co fin de editar, salvagardar e difundir a obra de seu pai. Nos anos 1999 e 2006, recibiu o premio á mellor editorial de música clásica. Hoxe en día, é a presidenta da Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo, constituída no ano 2000. Entre os variados obxectivos da Fundación están ofrecer premios en numerosos concursos internacionais de interpretación e impulsar a investigación sobre Joaquín Rodrigo, facilitando o acceso á valiosa información contida no fondo informatizado do seu arquivo. Ao redor de tan importante legado, a Fundación desenvolve un extenso labor cultural que inclúe a montaxe de exposicións e a participación en actividades dedicadas á obra de Joaquín Rodrigo e da súa esposa, tales como conferencias e publicacións, e ofrece un especial apoio á programación das obras musicais do insigne autor. Cómpre destacar o concerto organizado en abril de 2013 no Museo Sorolla de Madrid, en colaboración coa Fundación Sorolla.

Na actualidade, a Fundación encóntrase inmersa en difundir a imaxe de Joaquín Rodrigo entre a infancia e a mocidade. Mantivo convenios con universidades para fomentar a investigación entre o estudantado de musicoloxía e realiza numerosas intervencións en diversos centros de ensino para transmitir a vida e a música do mestre entre os cativos.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *