Hoxe no Liceo o grupo de Teatro ORETEIRO representounos «Arritmia». Unha maravilla de representación realizada dende o cariño e o respeto polo teatro, un anténtico placer telas no Liceo, seguro que voltarán o noso escenario.
Unha obra que é unha historia de vidas vividas, de medos, de desconfianzas, de cansanzos pero tamén de diversión , de emocións e de eternas esperanzas . Do autor Leonel Giacometto achegámonos a duas mulleres maiores nunha Residencia. Tivemos bágoas de risa ou por triste empatía, pero o que sí pasamos un moi bo rato.
Estas dúas mulleres empezaron facendo teatro costumbrista e ágora evolucionaron cara outro tipo de cousas. Gústalles achegar o teatro, a risa e a cultura a aqueles lugares de difícil acceso e disfrutamos un montón.