Proseguindo coa programación do proxecto cultural «OURENSE UNIVERSO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO», o amparo do da segunda convocatoria para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüísticos do denominado Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

Na mañá de hoxe foi o turno para o Teatro » O Secuestro da Bibliotecaria» a cargo da compañia SARABELA.

É unha peripecia divertida e refrescante que aposta polos valores da solidariedade e o amor á literatura. A señorita Ernestina, a bibliotecaria da vila de Parangón, é secuestrada por unha banda moi peculiar. Os seus plans veranse truncados polo contaxio da varicela (con grans non asustan a ninguén), e a entrada da literatura na súa vida fará que vaian cambiando de propósitos. A cultura como valor fundamental para todas as idades, as pequenas e pequenos desfrutando cos seus acompañantes (recomendada a partir de 6 anos). Un espazo como o Liceo, centro de actividade cultural, para amosar unha obra teatral que apela ao valor da literatura para transformar ás persoas.

O Salón Noble colgou o cartel de «aforo completo» disfrutou coma «nenos» deste espectáculo, moitas gracias Sarabela Teatro.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *