O Liceo acolleu hoxe a presentación do Novo Testamento en lingua galega, unha iniciativa promovida por Wycliffe Associates e executada por un grupo de tradutores galegos. Trátase dunha revisión dos textos da Biblia das Américas, Biblia de Almeida e orixinais gregos. Segundo se explicou na presentación, un grupo de expertos encargouse da revisión final, que contou co apoio de filólogos. O obxectivo deste proxecto é achegar o Novo Testamento a todas as persoas, nunha linguaxe próxima, pero con rigor. Na presentación, que tivo lugar no salón principal, presentouse un vídeo de presentación e leronse diversos textos. Tamén participaron na mesa o presidente do Liceo, Javier Casares, o pedagogo e coordinador do proxecto, Jaime Fernández Garrido, e o profesor e membro do equipo de tradutores José Luis Fernández Carnicero.