Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

PRESENTACIÓN-ESPECTÁCULO-OBRADOIRO PANDRAMA (Edicións Laiovento) DE AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

14 octubre, 2022|18:00 - 19:00

PRESENTACIÓN-ESPECTÁCULO-OBRADOIRO PANDRAMA (Edicións Laiovento)

DE AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

Presentación do libro PANDRAMA coa representación dalgunhas das súas pezas. Xogo de escrita teatral co público asistente. Coa intervención/actuación de Alberto Medeiros, Alberte Bello e dous grupos de teatro da FETEAGAL.

PANDRAMA non trata sobre a pandemia, pero si sobre o drama como algo pequeno e, á vez, global nas nosas vidas. Non vai sobre a guerra ou a crise económica, iso xa o temos nos telexornais. PANDRAMA é un libro de pezas pequenas, teatrais, que poñen o foco en aspectos e detalles que nos afectan e nos importan, de forma dramática, posdramática ou poemática e, por se a caso, con humor.

AFONSO BECERRA DE BECERREÁ é dramaturgo e director de escena. Profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de  arcelona. Titulado Superior en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia. Titulado como actor polo ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro de obras teatrais da Xunta de Galicia. Premio de Honra do FETEGA. Director da erregueté | Revista Galega de Teatro, colaborador en diferentes xornais, revistas, na televisión e, actualmente, no Diario Cultural da Radio Galega.

Detalles

Fecha:
14 octubre, 2022
Hora:
18:00 - 19:00
Evento Categorías:
,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *