Hoxe tivo lugar una Conferencia de Olga Pastor sobre a «colección de arte do Liceo de Ourense». Olga Pastor é Historiadora da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela con un master en mercado de arte e arte actual pola Universidade Antonio de Nebrija de Madrid.  Actualmente dedícase ao marketing e comunicación cultural ademais de facer comisariados e organizar eventos culturais.  Foi profesora de arte na xa desaparecida Universidade popular de Ourense e traballa incansablemente con un amplo grupo de activistas para a futura restitución da mesma.  Viviu en Santiago, Coimbra, Oviedo, Madrid, Roma e Londres. Leva 5 anos en Ourense e non quere marchar.

Durante os 172 anos de historia da nosa Entidadade , as distintas xunta Directivas do Liceo procuraron sempre apostar pola cultura artística da cidade, facilitando os seus espazos para exposicións de artistas de todas as disciplinas, tanto a nivel local como nacionais ou internacionais. Por iso, cos anos, foise facendo con unha interesante colección de arte que merece ser estudada e mostrada a toda a xente interesada no patrimonio ourensán.

Un dos puntos mais interesantes desta cita case obrigatoria para as persoas que habitan Ourense, é que durante soamente uns días mostraranse todas as obras de valor da colección na terceira planta do edificio histórico.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *