Celebrouse hoxe no Salón Noble, organizado polo Liceo de Ourense, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística un acto para render unha homenaxe pública ao “GALICIAN PROGRAMME” DA BBC DE LONDRES E OS SEUS PROTAGONISTAS.
A BBC de Londres tivo uns programas en galego entre 1947 e 1956 impulsados polos ourensáns Alexandre Manuel Raimúndez en Londres e Leuter González Salgado en Galicia.
O conferenciante e especialista no tema, Afonso Vázquez-Monxardin, estivo acompañado por Eduardo Raimúndez ─sobriño de Alexandre Manuel Raimúndez e Xosé Lois Carrión González ─neto de Leuter González Salgado, quen fixo unha semblanza do seu avó.
Na acto mostraronse os guións orixinais de Xosé Lois Carrión, e escoitouse unha recreación do primeiro programa feita polo conferenciante e os profesores Xabier Álvarez Cid e Xurxo Soto, do IES As Lagoas de Ourense.