Hoxe presentamos no LICEO o Documental “EXERIA: A PRIMEIRA PEREGRINA”, Unha produción galega internacional, dirixida polo xornalista ourensan Luís Menéndez, seguindo o roteiro de Exeria, fascinante figura do século IV, que peregrinou desde as calzadas romanas da Gallaecia ata os seus destinos de Terra Santa e Constantinopla, deixando testemuña escrita no seu Itinerarium.
A Presentación fixeronha Eduardo López Pereira. Catedrático. Autor da libro “Exeria. Viaxe a Terra Santa” e Luís Menéndez, autor do documental.