Continuando coa programación do proxecto cultural «OURENSE UNIVERSO LITERARIO (DE OURENSE E DENDE OURENSE PARA O MUNDO», o amparo do da segunda convocatoria para presentar creacións culturais, bens ou servizos de consideración análoga, coa finalidade de incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüísticos do denominado Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral de Política Lingüistica, da Xunta de Galicia».

Neste caso foi a narración a cargo do actor e director teatral Avelino González, da vida e da obra de «Don Vicente Risco.- RISCO CONTANDO . A TODO RISCO». Un luxo para o Liceo, Avelino de dos que nunca defrauda, moitas gracias.

Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era. Foi moi querido (quero que me queiran como Otero quixo a Risco). A chave está nesta ollada. Fráxil, vulnerable, sobre un corpo vestido con gusto. Nos corpos fráxiles pódense ver as inclemencias do tempo: Nos xuncos ves a forza da corrente, nas pólas a forza do vento. Fraxilidade non é sinónimo de febleza. Ás veces si.
Risco era persoa coidadosa e fráxil e curiosa. A curiosidade sempre leva aparellada fraxilidade porque sempre custiona o coñecido. É a chave do coñecemento e do progreso. E da vulnerabilidade. A chave está nesta ollada que retratou Castelao: Cósmica, cómica, e asombrada.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *