Precioso acto, emotivo, cariñoso, alegre, musical, todo o que tiña a nosa protagonista do día de hoxe no Ciclo Recordando a… a nosa Elvira Cuevillas. Unha unha grandísima muller, adiantada o seu tempo, muller sempre sonrinte , vital e chea de luz Elvira Cuevillas (Elvira López-Cuevillas Rodríguez).

O acto abriuse e pechouse unha extraordinaria intrepretación musical o piano a cargo de Luis Humberto Cao, con duas obras moi ben escollidas para o momento..

 

As intervencións iniciáronse con Delfín Caseiro, que fixo un percorrido pola su biografía, quen constextualizou a figura da nosa homenaxeada, para dar paso as intervencións cercanas, dende o corazón, dende a amizade, as intervencións de  Elvira Carregado Pazos  e Stella Estrada Mosquera, ámbalas dúas amigas cercanas de Elvira.

Despois de algunas intervencións demde o público como un poema de Pilar Charro, pecháronse estas coa palabra de Margarita Tovar, sobriña de Elvira, unas palabras de agradecemento por este recordo, ademáis da súas vivenzas familiares, como a propia Margarita dixo Elvira era unha muller especial, adiantada o seu tempo, falaba e leía en 5 idiomas, percorreou medio mundo, era una embaixadora de Ourense, trasgresora, forte, viviu dende a liberdade, dende o feminismo, e marchou en silencio.. NON TE ESQUECEREMOS NUNCA ELVIRA CUEVILLAS.

O noso agradecemento a todos dende o Liceo de Ourense que prosegue coa programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, ata unha nova mesa.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *