O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións do Liceo de Ourense, onde a Axencia Turismo de Galicia investiu 104.060 euros na reparación da súa cuberta.

Da man do seu presidente, Xavier Casares, Alén Castro percorreu as distintas salas desta institución recreativa, eminentemente cultural, e interesouse polo miúdo polos proxectos nos que están a traballar, ou que teñen previsto desenvolver no futuro. Nel acóllense distintas asociacións que non teñen un lugar axeitado para desenvolver as súas actividades (coral, filatelia, xadrez….); celebrándose unha media anual de 350 actos culturais ou conmemorativos da sociedade provincial, sen ningún tipo de custe para os organizadores. Anualmente pasan polas instalacións do Liceo de Ourense máis de 50.000 persoas.

O Liceo de Ourense, declarado Ben de Interese Cultural, posúe unha fachada, de gran beleza, ten os brasóns da familia fundadora ao redor do balcón central, que se repiten no patio de columnas, do que é digno de admirar o conxunto pétreo de columnas, antepeitos e adornos nun traballo de cantería de exquisita calidade.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *