O Liceo de Ourense prosigue coa programación do ‘‘Ciclo recordando a…’’ personaxes da nosa cidade e provincia, nesta ocasión foi para lembrar a grandísima escritora Filomena Dato, nun acto no Salón Noble da Entidade, cunha mesa na que participaron Rosa Cid Galante e Fernando Román Alonso, con introdución de Delfín Caseiro.

Rosa Cid fixo unha contextualización moi axeitada da época que lle tocou vivir a nosa protagonista, unha época donde a muller tiña pouco o ningún relieve na vida cultural e social, una intervención medida  e moi didáctica a de Rosa.

Fernando Román, estudioso, investigador liceísta, que coñece a perfección a vida e a obra da nosa autora, fixo un relatorio preciso, brillante da vida de FILOMENA DATO, recordando e descubrindonos a grandísima a súa personalidade  e a sua importancia e a valía.

O acto abrirase e pecharase cunha intrepretación musical o piano a cargo de Luis Humberto Cao.

Queremos agradecerlle a todos os que participaron nesta nova sesión do Ciclo  a súa xenerosidade, así como tamén  a súa presencia a todos os que asistiron.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *