«CINCO MINUTOS SEN RESPIRAR».

Interesantísima proposta a que nos chegou da mán da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, dentro do Programa de actividades, “Nós contra a violencia”, que combinan a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero.

«Cinco minutos sen respirar», trátase dunha proposta escénica do dramaturgo Gustavo Ott que pon en escena a compañía Ítaca Teatro. Nela trátanse temas como o amor, o suicidio, a familia, a violencia e a necesidade humana de imaxinar historias para fuxir da realidade. Todo isto abordando a través do diálogo de dous personaxes: Víctor, o supervisor dun supermercado, e Margarita, unha (ex)empregada de banco á que acaban de despedir e que está fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias. Personaxes os que dan vida os actores Elea López e Carlos Rebolo.  Unha obra difícil de resumir, na que se fala de moitas cousas, da incomunicación, da soedade. Una obra cargada de citas literarias nas que aparecen referencias a Leoanard Cohen, García Marquez, Unamuno ou Cesar Vallejo.

Moitas gracias a Itaca Teatro, a Carlos i Elea e a Secretaría Xeral de Política Lingüística por achegarnos esta obra a nosa casa.

Deja una respuesta

Tu email nunca se publicará.