CICLO RECORDANDO A…»ESTANISLAO REVERTER»…

Dentro do Ciclo «Recordando a…» que organiza O Liceo, onte lembramos a ESTANISLAO REVERTER, unha das maiores figuras do deporte, e impulsor do mundo dos ralis en Ourense.

Cunha conversa no Salón Noble da Entidade, coa presencia de moitísimos amigos,  na que participaron Beny Fernández, Manuel Canabal, Luis Reverter Gil coa introducción de  Delfín Caseiro, nun acto moi entrañable, cercano, animado, cada un dos que participou contou a súas experiencias co «lalao Reverter», un home único, unha personalidade extraordinaria, un ourensán de pro, e un liceísta de verdade.

O acto abriuse e pechouse cunha intrepretación a cargo do pianista Luis Humberto Cao, de una selección de boleros dos que Reverter era gran apaixoado.

Tamén, e unha vez máis, coa nosa maior gratitude para o Grupo Pérez Rumbao, que apoia este ciclo.

Gracias a todos, Beny Fernández, Manuel Canabal, Luis Reverter Gil ,  Luis Humberto Cao, e tamén especialmente a Santi Reverter pola súa axuda,  e todos os asistentes.

Deja un comentario

Tu email nunca se publicará.