Como xa dixemos a nosa primeira parada foi na Colexiata de Xunqueira de Ambía. Expectacular e grandiosa coma sempre.
A nosa seguinte parada era Santa Eufemia de Ambía, unha desas pequenas xoias do século X, que quedan no noso alrededor.
Seguinte destino Baños de Molgas onde visitamos a súa igrexia, e o Balneario da mán de D. Eduardo Laherran, do que tivemos a fortuna que nos acompañara neste día, él que dirixio durante tantos anos o Balneario de Baños de Molgas, Municipio do que tamén foi Alcalde. Tamén ben Baños de Molgas visitamos o Museo de Moncho Borrajo, que sinceiramente e digno de visitar, cunha moi boa colección de arte contemporáneo, e cunha colocación e diseño perfecto.
Logo tivemos a Misa no Santuario dos Milagros.
A primeira visita da tarde foi xa en terras de Maceda no pobo de Almoite.
Co solpor regresamos a Ourense, despois de difrutar dun maravilloso día, onde unha vez máis esta pequena familia que é o Liceo convivimos e exercemos a amizada entre todos. Non queremos rematar esta crónica da visita a Terras de Ambía – Baños de Molgas – Maceda sen agradecer a todas aquelas personas que de un xeito ou outro fixeron posible esta xornada. Apertas para todos.
Certo, ten vostede toda a razón, as veces o incluir varios Concellos nas visitas poñense mal. Gracias.
Almoite pertence a Baños de Molgas, non a Maceda como se dí nesta reportaxe.
Saúdos