Celebrouse hoxe, dentro da programación do Ciclo Recordando a… un acto de lembranza de Olimpia Valencia López, a primeira muller galega titulada e doutorada en Medicina en Galicia, que exerceu a Medicina xeral e a Xinecoloxía en Vigo durante máis de cincuenta anos. O novo Centro de Saúde de Canido (Vigo) levará o seu nome e estará presidido por unha monumental escultura da doutora, realizada polo artista limiao Xosé Lois Carreira.
Participaron nesta mesa de lembranzas as seguintes persoas:
-
ÁLEX DE LOS RÍOS, responsábel da web Vía Lethes, licenciado en Xeografía e Historia, autor do traballo “Olimpia Valencia, la primera médiaca gallega” abriu o acto cunha introdución sobre as mulleres pioneiras na historia da humanidade.
-
ANA FUENTES, xornalista, subdirectora de Atlántico Diario (Vigo), Parente da homenaxeada, autora da biografía Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera (2019), fixo un percorrido pola peripecia persoal e profesional de Olimpia.
-
ALBERTO CUQUEJO, veterinario, grande afeccionado á Gastronomía, parente da doutora, lembrou os momentos e as épocas de convivencia familiar coa doutora, tanto en Baltar como en Vigo.
-
LUISA PÉREZ, cardióloga, 25 anos á fronte da Unidade de arritmias do CHUAC, galardoada co 1º Premio Olimpia Valencia creado pola Deputación de Ourense en 2021 para recoñecer peresoas ou entidades significadas no traballo a prol da igualdade, cerrou o acto salientando o exemplo e a lección de Olimpia para todas as mulleres que chegaron á universidade galega despois dela.
A gratitude da sociedade a todas elas.