Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

ORPHELION ENSEMBLE. Concerto ciclo Enclave de Cámara.

3 octubre, 2018|20:00 - 21:30

€8

ORPHELION ENSEMBLE

Deborah Hamburger violín | Francisco Regozo viola | Berthold Hamburger violoncello | Todd Williamson contrabaixo | Nicolás Gómez trompa | Antonio Suárez clarinete | Álex Salgueiro fagot

O Orphelion Ensemble  (antes Artemis Ensemble) foi fundado en 1988 en Viena ao redor da actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger. Desde entón, realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados.

O repertorio comprende obras desde a época clásica ata o presente, incluíndo pezas compostas especialmente para a propia agrupación. Cabe destacar a intensa actividade como trío de piano durante máis dunha década coa prestixiosa pianista xaponesa Mariko Moritani e a recente colaboración co célebre pianista madrileño Daniel del Pino.

Actualmente formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, ampliou o seu repertorio, centrándose no cuarteto de cordas clásico e trío de piano. En Galicia está presente en numerosas localidades: colabora coas máis importantes Sociedades Filharmónicas en toda Galicia e participa en ocasións especiais, como foron os concertos extraordinarios para o 15º Aniversario da Orquestra Sinfónica de Galicia, os ciclos da Asociación Galega de Compositores, ou varias edicións do Festival Mozart. Ademais, o Orphelion quere fomentar a música de compositores galegos.

Estreou e gravou varias obras da actualidade, incluíndo dous CD con varias obras galegas. Gran parte dos seus concertos son gravados e emitidos pola Radio Televisión de Galicia.

Á parte da actividade concertante, os membros de Orphelion están profundamente dedicados ao ensino e á divulgación da música no ámbito pedagóxico. Participan como titores en varios proxectos e festivais xuvenís e realizan concertos didácticos para todas as idades.

Entendendo a arte da música como un servizo á sociedade, Orphelion está comprometido co benestar dos máis desfavorecidos. Por iso, actualmente está proxectando a sétima tempada de concertos benéficos na Academia de Belas Artes da Coruña, ademais de manter unha estreita relación con Aldeas Infantís SOS, en Redondela (Pontevedra).

Web Orphelion Ensemble

PROGRAMA

  • Adolphe Blanc (1828-1885) | Septeto Op. 40 Mi maior (30’) | I Allegro| II Andante (Do maior) | III Scherzo Tarentelle. Allegro vivace (La menor) | IV Finale. Andante maestoso (Mi menor) – Alegro moderato (Mi maior)
  • Carl Nielsen (1865-1931) | Serenata in vano, CNW 69 (10’) I Allegro non troppo ma brioso (Re menor) | II Un poco adagio (Mi bemol maior) | III Tempo di marcia (Si bemol maior)
  • Ludwing van Beethoven (1770-1827) | Septimino ou Septeto para ventos e cordas en Mi bemol maior. op. 20 (40’) | I  Adagio – Allegro con brio (Mi bemol maior) | II Adagio cantabile (La bemol maior) | III Tempo di menuetto – Trio ((Mi bemol maior) | IV Tema con variazioni. Andante (Mi bemol maior) | V Scherzo – Allegro molto e vivace (Mi bemol maior) | VI Andante con molto alla marcia – Presto (Mi bemol maior)

 

Mércores 3 Outubro | 20:00 h | Liceo de Ourense

 

 

Detalles

Fecha:
3 octubre, 2018
Hora:
20:00 - 21:30
Precio:
€8
Evento Categoría:
Pagina Web:
http://enclavedecamara.com/522-2

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *