« All Eventos
EXPOSICION A CARA DOS LIBROS. FUNDACION CARLOS CASARES.
24 noviembre, 2020|19:00 - 30 noviembre, 2020|21:30

INTRODUCIÓN
Esta é unha viaxe de descuberta polo deseño dun obxecto cotián que, xa dende a súa cara exterior, agocha unha serie de segredos e curiosidades apaixonantes. Convidámosvos a seguir con nós un percorrido a través do deseño das cubertas do libro galego na moi variada obra literaria de Carlos Casares.
AS CARAS DOS LIBROS
O deseño da cuberta dun libro establece un primeiro diálogo entre o escritor ou escritora e o lector ou lectora a través da linguaxe plástica, combinando a composición textual e tipográfica, a imaxe, as cores e a mensaxe simbólica que presenta o título.
Os artistas e profesionais que se ocupan do deseño e ilustración dos libros convértense, xa que logo, en provedores de contidos visuais, centrando na cuberta un reclamo cuxa función sedutora resulta de moita importancia, pois soporta o peso publicitario, así como da identidade da obra que se achega.
“As caras dos libros” reúne e amosa unha ampla e significativa selección de cubertas das obras de Carlos Casares (Día das Letras Galegas 2017). A Fundación Carlos Casares e O LICEO DE OURENSE queren homenaxear con esta mostra os profesionais que fixeron e fan realidade a literatura en lingua galega: escritores, editores, tradutores, deseñadores, ilustradores… E, por suposto, a todos os lectores e lectoras que manteñen viva a súa paixón por un obxecto cultural tan relevante como é o libro galego.
CONTIDO DA EXPOSICIÓN
A mostra conta con paneis informativos que desenvolven varios temas:
– Información sobre a estrutura externa e interna do libro nas súas diversas partes, que nos axudará a contemplalo como un obxecto cotián cheo de pequenos segredos.
– Datos e curiosidades sobre as cubertas dos libros que chamarán a atención dos visitantes, con un centenar de cubertas da obra de Carlos Casares en varios idiomas.