Proxección do documental «Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras».

O Liceo acolleu hoxe a proxección do documental de Xan Leira sobre o intelectual galego Xesús Alonso Montero. Este traballo centra o seu guión no « desenvolvemento temático na faciana pedagóxica do poliédrico profesor-erudito que, ao longo da súa dilatada traxectoria dentro ou fóra da aula, procura un diálogo pedagóxico para matinar e construir unha sociedade de cidadáns libres. A aula é a tribuna e a tribuna é a aula».

O documental «Cidadán Alonso Montero, o mese das palabras» dura 55 minutos e no mesmo participan convidados como Víctor Freixanes, Bieito Ledo, Ánxela Gracián, Carmen Blanco, Francisco Castro ou Arturo Reguera, entre outros.


 

Deja un comentario

Tu email nunca se publicará.