De RIBEIRO da PALABRA DE CARLOS CASARES E DE OTERO PEDRAYO falamos onte no Liceo, da mán de Xabier Castro tivo lugar esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Ourense, a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro.
A súa Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que tamén participou no acto , é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia. O profesor Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño, expuxo a relevancia do viño do Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos de documentais e tamén cancións relacionadas con ambos escritores. Asi mesmo, comentaou aspectos históricos da cultura do viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental.
Por parte, Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referiuse a situación actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello Regulador, e tamén un comentario de cata dos viños etiquetados especialmente para este evento eno-cultural que tivemos ocasión de degustar.
El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.