XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA

Miguel de Cervantes e o Viño do Ribeiro

*Fotos de Marila Abad.

15292683_1214165168662160_672578262_o-1 15292683_1214165168662160_672578262_o 15293362_1214171345328209_1257502196_o 15304024_1214169451995065_1720440132_o 15310790_1214168891995121_1067304233_o 15311396_1214169145328429_104800510_o-1 15311420_1214170115328332_1431007356_o

Evento dedicado a Miguel de Cervantes e o viño do Ribeiro, no marco das Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura, coordinadas polo profesor Xavier Castro e promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, co apoio do Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC. Estas Xornadas súmanse así á conmemoración dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes. Na obra do xenio das letras hispánicas (en El coloquio de los perros e El licenciado Vidriera) aparece mencionado e ponderado o viño do Ribeiro, elaborado nunha das comarcas produtoras máis antigas e prestixiosas de España e, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia. En efecto, o Ribeiro foi por antonomasia o viño de Galicia, como se pon de manifesto no refraneiro e cancioneiro populares, na literatura, e por riba de todo, na memoria do padal da xente, tamén dos emigrantes que fora da Terra tiveron saudade del. Foi tamén postulado por Álvaro Cunqueiro, quen por colaborar na promoción publicitaria deste viño –nunha época moi purista a este respecto- veu minguadas as súa posibilidades de acceder á RAE). Pois ben, o escritor mindoniense escribía: “¡En el vino se beben / memorias de los sueños de la Tierra / que murió por ser racimo!”. E así faremos memoria nesta Mesa Redonda dalgúns aspectos clave da obra cervantina en relación coa cultura do viño e ofreceremos tamén unha panorámica da historia e a realidade actual do viño do Ribeiro.

Además das exposicións que terán de realizar os especialistas: Anselmo López Carreira, Xoán Cannas, César Llana Rodríguez e Xavier Castro, haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas (visualizadas en video) á cultura do viño do Ribeiro e que garden relación universo literario cervantino, e tamén degustación de dous viños cervantinos, branco e tinto do Ribeiro. Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade.

INTERVIRON Sala de Tertulia do Liceo de Ourense o pasado Mércores, 30 de Novembro.como Poñentes:
-Anselmo López Carreira (Historiador. UNED): “O Miño no Ribeiro: un caudal de historia”.
-Xoán Cannas (Director do Instituto Galego do Viño). “Análise e perspectivas sobre o viño do Ribeiro”
-César Llana Rodríguez (Director do Museo de Ribadavia): “Antigos lagares no Ribeiro”.
-Xavier Castro (Historiador. Fundación Dieta Atlántica.USC): “A cultura do viño en Cervantes”.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *