XORNADAS DE Viño E CULTURA

Organiza: Xavier Castro

Liceo de Ourense: Un ámbito para a cultura galega e o goce dos nosos viños.

Os pasado días 24 maio e 1 de xuño celebramos as Xornadas de Viño e Cultura, no Liceo, na procura de levar a cabo un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño. Mais tamén estas Xornadas teñen unha orientación transversal, que pretende integrar o mundo do viño coa creación literaria e máis a musica.

Os comentarios do condutor das Xornadas, o profesor Xavier Castro, fixeron referencia ao escritor que centrou o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura e historia do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes e con momentos de goce do viño. Houbo así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaron pezas alusivas á cultura do viño, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén pezas modernas e música galega tradicional. 

En cada sesión degustaronse viños das adegas do Ribeiro, por manter este viño de relevancia histórica, unha expresa relación coa obra de dous senlleiros escritores: Miguel de Cervantes, de quen celebramos a efemérides do cabodano da súa morte, e Eduardo Blanco Amor, a quen por certo consideraremos no contexto da cidade de Ourense. Tivemos ocasión de catar o viño, tanto branco como tinto, xenérico da Denominación, cuxa realidade presente e perspectivas de futuro serán comentadas por Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador do Ribeiro. Isto foi na primeira sesión, namentres que na segunda houbo ocasión de catar os excelentes caldos da adega de Ribadavia Áurea Lux, que serán presentados polo colleiteiro que está a fronte dela, Manuel García Docampo.

1-XORNADA---CERVANTES-(1) 1-XORNADA---CERVANTES-(2) 1-XORNADA---CERVANTES-(4) 1-XORNADA---CERVANTES-(5) 1-XORNADA---CERVANTES-(6) 1-XORNADA---CERVANTES-(7)

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *