Nos nos amigos Carmen Penim e Maurizio Polsinelli , son 2naFronteira, unha formación galego italiana que nos presentou o seu novo disco: Sons de Nós, unha homenaxe musical aos poetas das Irmandades da Fala e da Revista Nós un traballo «con ton alegre e esperanzador que recolle o espíritu da época de Nós». Foi no no Liceo de Ourense, o pasado venres 30 .
Sons de Nós é o título do novo disco de 2naFronteira, co que fan unha homenaxe ás nosas letras musicando poemas procedentes da Revista Nós. Carmen resaltou «a importancia de estrenar este disco en Ourense, e ademais nesta data tan significativa, xa que se publicou por primeira vez un 30 de outubro e nesta cidade. Non por elo é menos importante o espacio: o Liceo, un lugar fermoso onde sempre nos tratan tan ben, íntimo e cun piano acústico que sempre axuda». Ademais, agardan que o público poida percibir o espírito dos anos 20 que os invadiu dende que comezaron a xestar este traballo no que os poetas «falan de Galicia, da cultura galega e das culturas do mundo dun xeito envexable». («Texto de Tempo de Lecer»).