O Liceo de Ourense acolle durante os días 29 de decembro de 2014 a 15 de xaneiro de 2015 a exposición fotográfica titulada: As escaleiras do Liceo, unha mostra que lle propón ao espectador un percorrido pola vida social de Ourense a través das fotos do socio do Liceo.

“A memoria non garda películas,

garda fotografías”. Milan Kundera, escritor

A fotografía é a arte e a técnica pola que se obteñen imaxes perennes grazas á acción da luz. Hai uns anos, unha cámara de fotos era un ben ao que non podía chegar moita xente. Por iso facer / saír nunha foto era considerado un verdadeiro feito social.

O liceo de Ourense sempre pretendeu ser , e é, o salón de casa de toda a veciñanza ourensá. E como salón de casa viu pasar entre as súas paredes días de tristura e tamén de alegrías, xornadas moitas veces captadas e perpetuadas na historia por profesionais e/ou afeccionados á fotografía.

Por iso, a directiva do Liceo de Ourense, presidida por Xabier Casares, tomou o acordo de colaborar coa exposición organizada polo Arquivo Visual Ourensán (AvO) titulada “As escaleiras do Liceo: un percorrido pola vida social de Ourense a través das fotos dos seus socios”. Liceo, vida social e fotos quedan unidas deste xeito nesta exposición, que será inaugurada oficialmente o vindeiro día 29 e permanecerá aberta deica o 15 de xaneiro próximo. Esta exposición, que conta co apoio da Concellaría de Cultura de Ourense, constitúe un aperitivo da que se exhibirá no vindeiro mes de marzo, cando se conmemoren os primeiros 165 anos de vida da ‘nosa casa’, do Liceo, exposición que contará con algunha sorpresa grazas á colaboración de novo do AvO.

Sinalar finalmente que nesta primeira exposición, se ben aparecen datos concretos de algunhas persoas, non se fixo así naquelas que aparecen disfrazadas por entender que hai que respectar o seu anonimato, unicamente roto voluntariamente polas propias persoas fotografadas.

Tanto dende o Liceo coma dende o AvO desexamos que esta mostra sexa do seu agrado

PD.- Amigo socio, amiga socia, por favor, se ten vostede algunha foto feita nesta Casa, déixenola para expor. Graciñas pola súa colaboración.

 

 

 

 

AVO01 AVO02 AVO03 AVO04

 

1900590_1565876240292471_7629527003072547155_o IMG-20141216-WA0000escrito liceo e AVO (2)

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *