Na tardiña de onte, 12 de decembro de 2011 celebramos no Liceo o aniversario da derradeira viaxe dun amigo, cun acto en recordo de Marcos Valcárcel. Dende o Liceo queremos agradecer a todos os que participaron nel, coa súa intervención ou coa sua presencia.

Un acto o que un ananquiño tamén o dedicamos a dous compañeiros de viaxe, de aquí e de alá, e bos amigos de Marcos, Pepe Trebolle e Benito Losada.

Interviron Caetano Díaz, Periodista, amigo, e Director de Galicia Hoxe, onde Marcos publicaba dende a Palabra e dende o Corarón a súas «andoliñas».

Bieito Iglesias, compañeiro de andanzas persoais, literarias, os que comparten literatura, paixóns, e sobre todo comparten o seu amor por Ourense.

Xesús Alonso Montero, Profesor, guía en moitas cousas de Marcos e tamén do Liceo.

María do Ceo a que lle agradecemos de todo corazón a súa voz, a súa música, e a súa amizade, que nos acompañou con seu marido a guitarra.

E por supusto María, Maria Xose Picouto, que coa emoción contida nos leu un texto da súa autoría que fixo para esa derradeira viaxe, aló no fin da terra, en Fisterra.

Por liceo

El Liceo de Ourense es una Sociedad Cultural fundada el 3 de marzo de 1850.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *